jueves, 28 de abril de 2016

PARA REMATAR...



Como dicía ao principio, parece quedar claro que a estética dos videoxogos ten moito que dicir: como se constrúe unha determinada proposta xogable, que transfondo cultural que hai tras ela e cales son as categorías e as sensacións que pretende espertar a mestura audiovisual e de mecánicas que idearon os deseñadores. Dado que os videoxogos están presentes hoxe en todas partes, tamén noutros medios (como o cinema ou a televisión), a investigación detida e a reflexión acerca de como funcionan e que nos fan sentir, ademais de como nos inflúen, converteuse en algo importante para moitos teóricos actuais de diferentes disciplinas.

O que non podemos esquecer en calquera caso é que os videoxogos entreteñen. A súa vocación foi o entretemento e ségueo sendo, e pensar nun videoxogo esixe ter presente esta dimensión como algo fundamental. Incluso os títulos independentes destacables, que exploran propostas arriscadas e máis conceptuais, teñen que entreter; e moito. Probablemente un dos principais desafíos para a teoría sexa que o videoxogo, a pesar de ser espectáculo (precisamente por iso), achega algo significativo. E isto non é prato de gusto para as teorías tradicionais, que vían no entretemento e o espectáculo a inanidad, distracción e irreflexividad que corroe calquera cousa valiosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario